Denuncia conxunta de afectados polo peche de Megaupload

O repentino peche de Megaupload pola parte das autoridades dos EE.UU. afectou a millóns de persoas que facían uso lexítimo deste servizo.

#20 - Megaupload by Ricard Clupés

O FBI causou danos incalculables, moi superiores ó beneficio que perseguían coa acción escomenzada, nun intento fallado de impedir ó acceso ós materiais audiovisuais aloxados en Megaupload que puideran infrinxir copyrights. Con todo, estes contidos seguen a estar dispoñibles noutros tantos servizos de Internet, evidenciando a ineficacia da medida.

Pola contra, co peche do servizo impediron o acceso a millóns de arquivos de particulares e organizacións, ocasionando graves danos persoais, económicos e de imaxe a millóns de persoas; e vulneraron o artigos 197 e 198 do Código Penal ó apropiárense indebidamente de datos de carácter persoal.

Os danos orixinados polo peche de Megaupload son totalmente inxustificados e inadmisibles. Por este motivo, Piratas de Galicia coa achega de Pirate Parties International e os partidos piratas adheridos a esta campaña, facilitará a presentación de denuncias contra as autoridades dos EE.UU. en varios países, e aumentará deste xeito as posibilidades de acadar unha condenación.

Para a realización desta demanda conxunta creouse unha plataforma de afectados polo peche de Megaupload, á que pode adherirse calquera persoa ou organización que fora perxudicada polo peche do servizo, independientemente do tipo de conta que tivera en Megaupload.

Esta iniciativo quere ser un punto de partida para que os lexítimos usuarios da Internet poidamos defendernos fronte ós abusos xudiciais estimulados polos lobbies culturais.

Independentemente da ideoloxía de cada quen e da opinión que poidamos ter en referencia a Megaupload, accións coma as realizadas co peche do servizo supoñen un inxente dano para os usuarios e unha violación inaceptable dos seus dereitos.

Polo dito, facemos un chamamento a todo o mundo co fin de sumar forzas á iniciativa e que se difunda, evidenciando que accións coma a presenciada non poden nin deben quedar impunes.

¡Asóciate!